Igrexa de San Salvador do Torno
O edificio parroquial está formado por unha sinxela planta de nave única e presbiterio rectangular, acusando este maior altura ao exterior. Na fachada a decoración concéntrase na portada, resolta con arco de medio punto moldurado por baquetones, percorrendo toda a traxectoria, e decoración na clave. Nas doelas unha inscrición de grandes carácteres proclama que a igrexa é de refuxio sagrado. Sobre a porta, nicho avieirado con decoración de ovas, contendo a imaxe pétrea do Salvador. A espadaña desenvolve un corpo con ocos peraltados e aletóns nos flancos, rematada por un frontón. No interior destaca a Virxe co Neno, obra o século XVII, e Inmaculada seguindo o modelo iconográfico de Gregorio Fernández.