« Volver
Igrexa de San Pedro de Leirado
A igrexa que pertenceu ao mosteiro de Ramirás é unha magnífica mostra de arte barroca dos séculos XVII e XVIII. Foi construída entre os anos 1664 e 1701.
Ten planta de cruz latina, con tres naves separadas por columnas e cuberta de madeira. A ábsida ten bóveda de crucería e a sancristía bóveda de canon, na que hai que destacar un lava mans con forma de cabeza. No seu interior destacan os seus retablos: un maior e dous laterais menores, de estilo barroco realizados no século XVII. O retablo principal é obra de Alonso López e Bernardo de Cores.