Igrexa de San Adrián de Cexo
A igrexa de Cexo consta dunha soa nave percorrida por arcos faixóns sobre pilastras, servindo tamén de elemento de sostén o arco triunfal. Ao exterior presenta porta adintelada con molduras apoiadas nos ángulos. A espadana, de arcos peraltados, remata con pináculos. No testero, destacado en altura, emprégase a decoración de placas nas esquinas. No seu interior, retablo maior con corpo e ático destacado. As rúas, con hornacinas de medio punto, separadas por estípites, aloxan as tallas de San Adrián, San Antonio e San Román. A corrente rococó pertence ao retablo da Virxe do Carmen, ornamentado con rocas e pintura a que imita a jaspes.