Feiras e Festas


O Xeodestino Terras de Celanova – Serra do Xurés é un lugar cheo de tradicións que se manteñen vivas a través das súas numerosas feiras e festas. Ademais, non faltan mercados tradicionais e feiras artesanais que ofrecen unha oportunidade para descubrir os produtos locais e gozar da cultura galega nun ambiente festivo así como as festas patronais e relixiosas.

A Bola

San Cibrao de Pardavedra

Festa de carácter parroquial organizada por unha comisión veciñal que compón un programa no que alternan as actividades recreativas, atraccións musicais e as celebracións relixiosas.

Como chegar

A Merca

Feria mensual A Merca 26 de cada mes
Festa do “Porco ó espeto” A Merca
Festa da Castaña A Merca
Entroido dos Galos A Mezquita
Espíritu Santo (festivo local) A Merca
Corpus Parderrubias
Santa Isabel As Pías
Virxe de Lourdes A Manchica
O Carme Pereira de Montes
O Carme A Mezquita
O Rosario Froxás das Viñas
San Miguel Solveira
O Rosario Faramontao Fátima – Olás
As Flores Corvillón
As Neves Zarracós
O Carme Entrambosrios
Santa Águeda Proente

Bande

Mercado do Xurés

Aberto cada primeiro domingo de mes, foi concibido como un espazo de comercialización dos produtos e servizos do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés e de promoción do emprendemento comercial que serve de escaparate para os produtos da zona, mais tamén de complemento como punto de información dos recursos e actividades dos concellos que forman parte do parque.

Conta con espazo para a recepción de visitantes, área gastronómica e sete postos de venda de produtos de alimentación, artesanía, etc.

Localización: Plaza de Abastos, Campo da Feira 2- Bande

Localización: Plaza de Abastos, Campo da Feira 2- Bande

Festas populares

Festa do peixe.

Celebración gastronómica de exaltación do peixe de auga doce, que se celebra desde hai case medio século, está declarada como Festa de Galicia de Interese Turístico. Naceu en 1971 como un feito singular e único en Galicia, que se celebra o día número 50 despois da Pascua. A gastronomía, sempre presente na festa, adquiriu nos últimos anos un empaquetado diferenciador. Desde o venres anterior o visitante ten á súa disposición casetas gastronómicos para saborear unha mostra da variada e tradicional oferta gastronómica. O domingo pola tarde ten lugar o evento máis concorrido, que é a degustación de peixe nas súas distintas presentacións, xunto co pan artesanal de Bande e bebidas variadas, e un variado programa de actividades, con música, festa, talleres ou artesanía.

Entroido.

Celebración que ten como figura central ao « troteiro», figura que debe o seu nome a que antigamente, e saíndo das diferentes parroquias trotaban polas aldeas do concello levando o Entroido. Cada aldea tiña unha versión do traxe típico, aínda que hoxe se utiliza un con deseño común.

Festas patronais

En case todas as parroquias celébranse festas populares na honra de sus respectivos patróns. Así, en Buxán e Santa Comba celebran oSan Brais; Güin, Ponte Liñares e Sordoses, a Virxe da Ascensión; Porto Quintela, o San Isidro; Carpazos, o Corpus; Recarei e Vilar, o San Antón; Seoane e Garabelos, o San Xoán; Ribeiro, a Santa Isabel; Os Baños, Lebosandaus e Maus, o San Bieito; Lueda, a Santa Marina; Nigueiroá, o Santiago; Mexide e O Pazo, a Santa Marta; Pereira, a Santa Magdalena; Sarreaus, a Virxe das Neves; Martiñán, San Mamede; Corvelle, Santa María; As Forcadas, San Bartolomé; Cadós, Cima de Vila, A Granxa e Ponte Cadós, o San Ramón. Rubiás, Pazos, Pumares e O Soto, a Virxe dos Remedios; Vilaméa,o San Miguel; Ribeiro, a Virxe do Rosario, Calvos, a Virgen da Victoria. Vilela, Santo André; Trarirgo, o San Francisco; Pereira, a Festa do Pan de Trigo e Cento.

Feiras

Celébranse os días 13 e 28 de cada mes. Cando a do día 13 coincide en domingo, trasládase ao día 15; e a do 28 se é en domingo o festivo pasa para o día seguinte. As xornadas de feira dispoñen de mercados populares e postos gastronómicos de polbo e «carne ao caldeiro».

Barbadás

Eventos Destacados

  • Desfile de Carnaval: celébrase o Martes de Entroido un espectacular desfile de comparsas e carrozas (Entroido 2017 – desfile fotos – vídeo) amenizadas con música pola Avenida de Celanova.
    Ao final do desfile segue a festa cunha verbena.
  • Queima do Meco: Mércores de Cinza. Escenifícase o final do Entroido cun desfile da carroza fúnebre do Meco (figura que simboliza o entroido) que comezando no inicio da Avenida de Celanova, termina na Praza Vella da Valenzá, onde se queima o Meco. Hai degustación de bica e licor.
  • San Benito de Cova de Lobo: de gran devoción popular, o culto realízase tanto no inverno (o 21 de marzo), como no verán (o 11 de xullo), sendo esta última data a que congrega máis fieis.

Festas Patronais

  • 17 de xaneiro: festa de san Antonio (Barbadás).
  • 21 de marzo: romaría de san Bieito de Coba do Lobo de Inverno (Piñor).
  • Venres Santo: procesión do santo Enterro (Sobrado do Bispo).
  • 11 de maio: fiesta en honor a san Mamerto (As Lamas).
  • Primera quincena de xuño: festa de san Bernabeu (A Valenzá).
  • Segunda quincena de xuño: festa de san Antón (Parada).
  • 24 de xuño: festa de san Xoán (Barbadás).
  • Finais de xuño: festa de Finca Fierro (Finca Fierro).
  • Primeira fin de semana de xullo: festa de san Xoán (Sobrado do Bispo). Vídeo 2017.
  • 11 de xullo: romaría de san Bieito de Cova de Lobo (Piñor). Vídeo 2017.
  • 11 de xullo: festa de san Bieito (Bentraces).
  • 5 de agosto: festa da Virxe das Neves (Piñor).
  • 10 de agosto: festa de san Lourenzo (Piñor).
  • 16 de agosto: romaría de san Roque (Sobrado do Bispo).
  • 16 de agosto: festa de san Roque (Pontón).
  • 20 de setembro: festa de nosa señora das Dores (O Fonsillón).

Cartelle

DENOMINACIÓN LUGAR DATAS DESCRICIÓN
O Forrollo Villar de Vacas Luns de Pascua Misa e verbena
San Antonio A Lagoa 17 de xaneiro Misa e verbena
San Antonio Muntián 17 de xaneiro Misa e procesión
A Virxe das Marabillas As Marabillas Luns de Pentecostés Misa solemne, procesión e verbena
San Xosé Nogueiró 19 Marzo Misa e festa popular
San Benito Santabaia de Anfeoz 21 Marzo Misa e festa ó aire libre
San Benito Cartelle 21 Marzo Misa solemne, procesión e verbena
Romaría Dos Calvarios Santabia- Os Calvarios Último domingo Maio Misa e procesión
San Xoán Seixadas 24 xuño Misa e procesión
San Pedro Gueral, San Pedro, Sabucedo 29 xuño Misa e procesión
Santiago Freixoso 25 de xullo Misa e procesión
San Lorenzo Baldariz 10 Agosto Misa e festa popular
Nosa Sra. Do Mundil Outomuro 22 Agosto Misa solemne, procesión e verbena
San Bartolomeo O  Santo-Villar de Vacas 24 Agosto Misa, comida o lado do río
San Roque e San Vitorio A Seara  27 Agosto Misa solemne e festa ó aire libre
San Ramón Soutelo 31 Agosto Misa e verbena popular
Virxe dos Aflixidos Sande-Parbón  8 Setembro Misa, procesión e verbena
San Miguel Espiñoso 29 Setembro Misa e festa popular
Virxe do Pilar Sabucedo de Montes 12 Outubro Misa, procesión e verbena
Santa Lucía Teixugueiras 13 Decembro Misa e festa ó aire libre
Santo Tomás Santo Tomé 21 Decembro Misa solemne, procesión e verbena

Pola súa antigüidade, tradición, ou repercusión destacamos as seguintes:

Romaría das Marabillas

Romaría que celebra o seu día grande o luns de Pentecostés na honra da Virxe María, con procesións, singulares adornos florais como “ramos” artificiais con bolas, cintas, comida campestre, actuacións musicais, etc.

O día propio é o luns de Pentecostés.

Romaría do Santo

Romaría que celebra no paraxe denominado “O Santo” preto de Vilar de Vacas, na honra do San Bartolomé. Este paraxe forma parte final dunha ruta que dende o o espacio natural do Parque Fluvial de A Pontenova, situado na marxe dereita do río Arnoia, no linde do concello con Ramirás, decorre entre unha abundante vexetación autóctona con exemplares centenarios de  carballos, freixos, solveiras, loureiros, etc., así mesmo está salpicada de restos de antigos muíños e canizos. Ao final do camiño, pódese admirar os restos dun antigo asentamento castrexo, distinguíndose partes da muralla e das bases das casas, sobre o que actualmente se sitúa a Capela do San Barlomomé.

Día de celebración o 24 de agosto, trasladándose ao fin de semana máis próximo.

Festa do Cabalo

na localidade de Nogueiró no mes de maio ou xuño Actividades relacionadas co mundo do cabalo . Comida popular.  http://www.omundil.com (dende o ano 1998)

FEIRA DE CARTELLE

Días 4 e 18 de cada mes.

Está presente na memoria histórica dos nosos paisanos, que dende sempre se erguían moi cedo para vir á Feira. Á primeira hora da mañá chegaban a pe, algúns no coche de linea, con productos da terra segundo a época, con gando… A mañá era de actividade frenética, de compras e vendas onde o prezo final nunca era o prezo inicial, onde se vendía para poder mercar, onde os paisanos loitaban cos tratantes profesionais… Ó medio día toda esa actividade remataba nun bo xantar para coller folgos e volver para a casa, cargados outra vez coas compras feitas.

Hoxe en día a actividade  do mercado é moito menor pasando a ser a gastronomía a parte esencial da Feira. Dende a primeira hora as caldeiras do polbo fumegan e os comerciantes montan os seus postos. A Feira converteuse nun día de encontro e tranquila conversa, un día de culto profano ó rico polbo e os nosos pratos  (callos, cocido, carne arreglada, bacallao…)  que se poden degustar nas tabernas da localidade, acompañados dun bo viño da terra; e ó final, a especialidade típica: unha copiña de herbas ou de licor café.

No mercado tamén se poden adquirir os máis variados productos da zona: pitas, fabas, allos, mel, artesanía, etc.

Celanova

Festas Populares

San Roque, A Ramallosa, San Marcos dá Gandarela, San Cibrao de Acebedo do Río, O Cristal en Vilanova, Os Remedios (Vilanova), Freixo (Virxe das Neves), Santa Eufemia (A Madalena), Queixas (Virxe do Carmen).

Entroido

Festa tradicional que ten na Gárgola o seu personaxe principal. A celebración esténdese ao longo de cinco fins de semana consecutivas, ademais do martes de Entroido e o xoves de Comadres.

Mercado e Feira semanal

En Celanova celébrase, todos os xoves, unha feira tradicional semanal no núcleo urbano da localidade . O punto álxido sitúase na Praza Maior da vila e na alameda onde se desenvolve tamén a elaboración e degustación do «polbo á feira».

Se o xoves cae a día festivo, a feira pasa ao mércores.

Como chegar

Entrimo

  • Festas 25 de xullo, Santiago Apostol en Bouzadrago
  • 31 de xullo e 1 e 2 de agosto, San Félix, en Galez
  • 4 de agosto, San Facundo, en Pereira
  • 5 de agosto, Virxe de Névelas, en Lantemil
  • 6 de agosto, San Salvador, en Guxinde
  • 9 e 10 de agosto, Santa María A Real, patroa do municipio, en Terrachán
  • 13 de agosto, Santa María de Olelas
  • 21 de agosto, Festa do emigrante en Ferreiros
  • 8 de setembro, Virxe dá Sobreira, en Ferreiros
  • 29 de setembro, San Miguel en Casal
  • Feiras Primeiro domingo de cada mes, feira municipal
  • Festa da Carne de vaca cachena e empanada.

Gomesende

San Antón de Padua Casanova 13 de junio
San Pedro en Poulo Poulo 29 de junio
San Lourenzo Fustáns 10 de agosto
Nosa Señora da Virxe do Val O Val 3 de mayo
Nosa Señora da Guía A Guía Mayo
Campeonato de motocross y quads Sobrado Septiembre /  octubre

Lobeira

Romería na honra da Nosa Señora do Viso.

Domingo de Pentecostés. Festa de marcado carácter relixioso de gran concurrencia popular. Comeza ca procesión dende Lobeira presidida por dez estandartes con motivos relixiosos, acompañada de gran número de romeiros que percorren os 3,5 kilómetros ata a cima do monte do Viso, no que se atopa a ermida adicada á santa. Alí agardan outros centenares de devotos para asistir a misa solemne. O fin da ceremonia relixiosa da paso á festa gastronómica, con numerosos postos de comida. Despois da sobremesa é o momento das atraccións musicais e de ocio.

San Lorenzo de Vilariño de San Xés (10 de agosto).

Parada do Monte (Santa Eufemia).

Ainda que a data da santa é o 16 de setembro, a festa ten lugar a últimos de agosto, para permitir a presencia de moitos emigrantes do pobo. O 16 de setembro celébrase a tradicional Festa Pequena, co retorno da patrona á igrexa parroquial.

FEIRAS

Lobeira, días 10 y 30 de cada mes.
Cabaleiros, día 19 de cada mes.
A Portaxe, día 24 de cada mes.

Lobios

Festa dos Callos Limiaos e Festa da Carretada

Celébrase o terceiro domingo de agosto de cada ano, cos típicos «callos limiaos» como prato estrela do menú desta festa gastronómica.

Celébrase unha feira de artesanía e un amplo programa de actividades, entre as que destaca unha competición de « carretada», carreira tirando dunha carreta, para participantes de todas as idades.

Feiras

Celébrase o segundo domingo de cada mes na capitalidade do municipio

Muiños

Entroido de Mugueimes

O personaxe principal son Os Pastores, que levan unha indumentaria propia orixinaria do pobo de Vilar de Cas. Durante o Entroido realízase un desfile de comparsas e carrozas polas rúas do pobo, con posterior concurso de disfraces e cea popular.

Sopas de burro canso

Celébrase en Mugueimes a segunda fin de semana de agosto. Conta con feira de artesanía, baixada de carrilanas, procesión dos burros pola vila e xogos populares no campo de fútbol.

Degustación das sopas de burro canso (feitas pan con viño e azucre).

Festa do «Galo Pica O Chan»

Celebración gastronómica que se celebra tamén a segunda fin de semana de agosto e que comeza que entrega gratuíta dos galos aos “criadores” do concello na primeira quincena de maio.

Terán un sinal que os distinguirá de calquera outro e deberán estar nun espazo aberto que lles permita “picar no chan” para conseguir a alimentación máis natural. Poden ser axudados coas amasadas e verduras da comida tradicional destes animais.

Uns días antes da festa, a comisión responsable visita os animais para ver que están criados nas condicións esixidas. Os criadores deben entregar os animais sacrificados e limpos, que logo, ao serán son cociñados para un xantar popular no que participan unhas 1.000 persoas.

Feiras

Celébrase feira todos os días 1 e 4 de cada mes.

Como chegar

Padrenda

DENOMINACIÓN DATA
Romaría do San Amaro 15 de xaneiro
Virxe da Luz na Frieira, A Portela do Condado 2 de febrero
Corpus en Santa Baia Xuño
San Antonio de Gorgua 13 de xuño
San Antonio de Coucieiro 13 de xuño
San Pedro da Torre 29 de xuño
Santa Isabel de Lordelo 4 de xullo
Santa Isabel de Ameán 4 de xullo
A Madalena de Freáns 22 de xullo
San Xoán de Crespos 24 de xullo
A Asunción 15 de agosto
O Rosario (A Notaria) 8 de setembro
Santa María de Vilar 8 de setembro
San Cibrao 16 de setembro
San Miguel de Desteriz 29 de setembro
O Pilar de Pontebarxas 12 de outubro

Feiras

O día 8 de cada mes, celébrase feira en Crespos

Como chegar

Quintela de Leirado

Entroido

A xornada festiva é o martes de Entroido

Santo Cristo de Redemuiños

Celébrase na festividade do Corpus.

Festa de San Pedro.

A fin de semana máis próxima ao 29 de xuño en San Pedro.

Festa de Santa Isabel

Na parroquia de Mociños. É o primeiro domingo de xullo.

Festa da Virxe do Carmen

En Quintela, celébrase o 16 de xullo e o primeiro domingo de setembro. leva a cabo unha procesión nocturna con farois portados polos fregueses.

Festa dos Remedios.

Na igrexa de Santa María, o 8 de setembro.

Festa dá Carne Cachena.

O último sábado de agosto, concentración gastronómica de exaltación da carne de vaca de raza cachena. Degústase un menú composto basicamente de cachena, raza típica da zona, cociñada de diferentes formas.

Festa de San Martiño.

Festa local de exaltación da castaña. 11 de novembro.

FEIRA

Celébrase o día 3 de cada mes.

Ramirás

Feira mensual Ramirás Terceiro domingo de cada mes
Festival Rebulir Ramirás decembro
Festival Noite do Fiadeiro Vilavidal último fin de semana de abril
Santa Bárbara Escudeiros 6 de setembro
San Xoán Escudeiros 24 de xuño
Santa Apolonia Grixó 9 de febreiro
Santa Isabel Grixó 3 de julio
Virgen del Carmen Vilavidal 16 de xullo
San Andrés Vilavidal 29 de novembro
San Antón O Viso 13 de xuño
San Juan Penosiños 24 de xuño
San Salvador Penosiños 4 de agosto
San Adrián Arrifana 4 de xullo
Virgen del Carmen Vilanova agosto
San Bartolomé A Facha 22 de agosto
San Paio dos Pitos Rubiás 29 de xuño
Santo Cristo Mosteiro xullo
Nuestra Sra. de las Puertas Abiertas Ramirás 15 de agosto
Santa Águeda Casardeita xuño
Santiago Casardeita
Nuestra Sra. de Guadalupe Abeledo 1º fin de semana de maio

Verea

Festas populares

Entroido. Celebración popular durante os días propios do Entroido, que ten como xornada grande o martes, que é día festivo local.

San Pedro en Abeire. 29 de xuño.

A nosa señora do Rosario de Bangueses de Abaixo. Primeira fin de semana de outubro.

San Martiño. Festa tradicional, que ten como principal actividade os magostos. Festivo local o 11 de novembro.

Feira Celébrase o día 25 de cada mes.