Ferias y Fiestas
Un lugar lleno de tradiciones que se mantienen vivas a través de sus numerosas ferias y fiestas. Además, no faltan los mercados tradicionales y ferias artesanales que ofrecen la oportunidad de descubrir los productos locales y disfrutar de la cultura gallega en un ambiente festivo, así como de las fiestas patronales y religiosas.
A Bola
San Cibrao de Pardavedra
Festa de carácter parroquial organizada por unha comisión veciñal que compón un programa no que alternan as actividades recreativas, atraccións musicais e as celebracións relixiosas.
A Merca
Feria mensual | A Merca | 26 de cada mes |
Festa do «Porco ó espeto» | A Merca | |
Festa da Castaña | A Merca | |
Entroido dos Galos | A Mezquita | |
Espíritu Santo (festivo local) | A Merca | |
Corpus | Parderrubias | |
Santa Isabel | As Pías | |
Virxe de Lourdes | A Manchica | |
O Carme | Pereira de Montes | |
O Carme | A Mezquita | |
O Rosario | Froxás das Viñas | |
San Miguel | Solveira | |
O Rosario | Faramontao Fátima – Olás | |
As Flores | Corvillón | |
As Neves | Zarracós | |
O Carme | Entrambosrios | |
Santa Águeda | Proente |
Bande
Mercado do Xurés
Aberto cada primeiro domingo de mes, foi concibido como un espazo de comercialización dos produtos e servizos do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés e de promoción do emprendemento comercial que serve de escaparate para os produtos da zona, mais tamén de complemento como punto de información dos recursos e actividades dos concellos que forman parte do parque.
Conta con espazo para a recepción de visitantes, área gastronómica e sete postos de venda de produtos de alimentación, artesanía, etc.
Localización: Plaza de Abastos, Campo da Feira 2- Bande
Localización: Plaza de Abastos, Campo da Feira 2- Bande
Festas populares
Festa do peixe.
Celebración gastronómica de exaltación do peixe de auga doce, que se celebra desde hai case medio século, está declarada como Festa de Galicia de Interese Turístico. Naceu en 1971 como un feito singular e único en Galicia, que se celebra o día número 50 despois da Pascua. A gastronomía, sempre presente na festa, adquiriu nos últimos anos un empaquetado diferenciador. Desde o venres anterior o visitante ten á súa disposición casetas gastronómicos para saborear unha mostra da variada e tradicional oferta gastronómica. O domingo pola tarde ten lugar o evento máis concorrido, que é a degustación de peixe nas súas distintas presentacións, xunto co pan artesanal de Bande e bebidas variadas, e un variado programa de actividades, con música, festa, talleres ou artesanía.
Entroido.
Celebración que ten como figura central ao « troteiro», figura que debe o seu nome a que antigamente, e saíndo das diferentes parroquias trotaban polas aldeas do concello levando o Entroido. Cada aldea tiña unha versión do traxe típico, aínda que hoxe se utiliza un con deseño común.
Festas patronais
En case todas as parroquias celébranse festas populares na honra de sus respectivos patróns. Así, en Buxán e Santa Comba celebran oSan Brais; Güin, Ponte Liñares e Sordoses, a Virxe da Ascensión; Porto Quintela, o San Isidro; Carpazos, o Corpus; Recarei e Vilar, o San Antón; Seoane e Garabelos, o San Xoán; Ribeiro, a Santa Isabel; Os Baños, Lebosandaus e Maus, o San Bieito; Lueda, a Santa Marina; Nigueiroá, o Santiago; Mexide e O Pazo, a Santa Marta; Pereira, a Santa Magdalena; Sarreaus, a Virxe das Neves; Martiñán, San Mamede; Corvelle, Santa María; As Forcadas, San Bartolomé; Cadós, Cima de Vila, A Granxa e Ponte Cadós, o San Ramón. Rubiás, Pazos, Pumares e O Soto, a Virxe dos Remedios; Vilaméa,o San Miguel; Ribeiro, a Virxe do Rosario, Calvos, a Virgen da Victoria. Vilela, Santo André; Trarirgo, o San Francisco; Pereira, a Festa do Pan de Trigo e Cento.
Feiras
Celébranse os días 13 e 28 de cada mes. Cando a do día 13 coincide en domingo, trasládase ao día 15; e a do 28 se é en domingo o festivo pasa para o día seguinte. As xornadas de feira dispoñen de mercados populares e postos gastronómicos de polbo e «carne ao caldeiro».
Barbadás
Eventos Destacados
- Desfile de Carnaval: celébrase o Martes de Entroido un espectacular desfile de comparsas e carrozas (Entroido 2017 – desfile fotos – vídeo) amenizadas con música pola Avenida de Celanova.
Ao final do desfile segue a festa cunha verbena. - Queima do Meco: Mércores de Cinza. Escenifícase o final do Entroido cun desfile da carroza fúnebre do Meco (figura que simboliza o entroido) que comezando no inicio da Avenida de Celanova, termina na Praza Vella da Valenzá, onde se queima o Meco. Hai degustación de bica e licor.
- San Benito de Cova de Lobo: de gran devoción popular, o culto realízase tanto no inverno (o 21 de marzo), como no verán (o 11 de xullo), sendo esta última data a que congrega máis fieis.
Festas Patronais
- 17 de xaneiro: festa de san Antonio (Barbadás).
- 21 de marzo: romaría de san Bieito de Coba do Lobo de Inverno (Piñor).
- Venres Santo: procesión do santo Enterro (Sobrado do Bispo).
- 11 de maio: fiesta en honor a san Mamerto (As Lamas).
- Primera quincena de xuño: festa de san Bernabeu (A Valenzá).
- Segunda quincena de xuño: festa de san Antón (Parada).
- 24 de xuño: festa de san Xoán (Barbadás).
- Finais de xuño: festa de Finca Fierro (Finca Fierro).
- Primeira fin de semana de xullo: festa de san Xoán (Sobrado do Bispo). Vídeo 2017.
- 11 de xullo: romaría de san Bieito de Cova de Lobo (Piñor). Vídeo 2017.
- 11 de xullo: festa de san Bieito (Bentraces).
- 5 de agosto: festa da Virxe das Neves (Piñor).
- 10 de agosto: festa de san Lourenzo (Piñor).
- 16 de agosto: romaría de san Roque (Sobrado do Bispo).
- 16 de agosto: festa de san Roque (Pontón).
- 20 de setembro: festa de nosa señora das Dores (O Fonsillón).
Cartelle
DENOMINACIÓN | LUGAR | DATAS | DESCRICIÓN |
O Forrollo | Villar de Vacas | Luns de Pascua | Misa e verbena |
San Antonio | A Lagoa | 17 de xaneiro | Misa e verbena |
San Antonio | Muntián | 17 de xaneiro | Misa e procesión |
A Virxe das Marabillas | As Marabillas | Luns de Pentecostés | Misa solemne, procesión e verbena |
San Xosé | Nogueiró | 19 Marzo | Misa e festa popular |
San Benito | Santabaia de Anfeoz | 21 Marzo | Misa e festa ó aire libre |
San Benito | Cartelle | 21 Marzo | Misa solemne, procesión e verbena |
Romaría Dos Calvarios | Santabia- Os Calvarios | Último domingo Maio | Misa e procesión |
San Xoán | Seixadas | 24 xuño | Misa e procesión |
San Pedro | Gueral, San Pedro, Sabucedo | 29 xuño | Misa e procesión |
Santiago | Freixoso | 25 de xullo | Misa e procesión |
San Lorenzo | Baldariz | 10 Agosto | Misa e festa popular |
Nosa Sra. Do Mundil | Outomuro | 22 Agosto | Misa solemne, procesión e verbena |
San Bartolomeo | O Santo-Villar de Vacas | 24 Agosto | Misa, comida o lado do río |
San Roque e San Vitorio | A Seara | 27 Agosto | Misa solemne e festa ó aire libre |
San Ramón | Soutelo | 31 Agosto | Misa e verbena popular |
Virxe dos Aflixidos | Sande-Parbón | 8 Setembro | Misa, procesión e verbena |
San Miguel | Espiñoso | 29 Setembro | Misa e festa popular |
Virxe do Pilar | Sabucedo de Montes | 12 Outubro | Misa, procesión e verbena |
Santa Lucía | Teixugueiras | 13 Decembro | Misa e festa ó aire libre |
Santo Tomás | Santo Tomé | 21 Decembro | Misa solemne, procesión e verbena |
Pola súa antigüidade, tradición, ou repercusión destacamos as seguintes:
Romaría das Marabillas
Romaría que celebra o seu día grande o luns de Pentecostés na honra da Virxe María, con procesións, singulares adornos florais como “ramos” artificiais con bolas, cintas, comida campestre, actuacións musicais, etc.
O día propio é o luns de Pentecostés.
Romaría do Santo
Romaría que celebra no paraxe denominado “O Santo” preto de Vilar de Vacas, na honra do San Bartolomé. Este paraxe forma parte final dunha ruta que dende o o espacio natural do Parque Fluvial de A Pontenova, situado na marxe dereita do río Arnoia, no linde do concello con Ramirás, decorre entre unha abundante vexetación autóctona con exemplares centenarios de carballos, freixos, solveiras, loureiros, etc., así mesmo está salpicada de restos de antigos muíños e canizos. Ao final do camiño, pódese admirar os restos dun antigo asentamento castrexo, distinguíndose partes da muralla e das bases das casas, sobre o que actualmente se sitúa a Capela do San Barlomomé.
Día de celebración o 24 de agosto, trasladándose ao fin de semana máis próximo.
Festa do Cabalo
na localidade de Nogueiró no mes de maio ou xuño Actividades relacionadas co mundo do cabalo . Comida popular. http://www.omundil.com (dende o ano 1998)
FEIRA DE CARTELLE
Días 4 e 18 de cada mes.
Está presente na memoria histórica dos nosos paisanos, que dende sempre se erguían moi cedo para vir á Feira. Á primeira hora da mañá chegaban a pe, algúns no coche de linea, con productos da terra segundo a época, con gando… A mañá era de actividade frenética, de compras e vendas onde o prezo final nunca era o prezo inicial, onde se vendía para poder mercar, onde os paisanos loitaban cos tratantes profesionais… Ó medio día toda esa actividade remataba nun bo xantar para coller folgos e volver para a casa, cargados outra vez coas compras feitas.
Hoxe en día a actividade do mercado é moito menor pasando a ser a gastronomía a parte esencial da Feira. Dende a primeira hora as caldeiras do polbo fumegan e os comerciantes montan os seus postos. A Feira converteuse nun día de encontro e tranquila conversa, un día de culto profano ó rico polbo e os nosos pratos (callos, cocido, carne arreglada, bacallao…) que se poden degustar nas tabernas da localidade, acompañados dun bo viño da terra; e ó final, a especialidade típica: unha copiña de herbas ou de licor café.
No mercado tamén se poden adquirir os máis variados productos da zona: pitas, fabas, allos, mel, artesanía, etc.
Celanova
Festas Populares
San Roque, A Ramallosa, San Marcos dá Gandarela, San Cibrao de Acebedo do Río, O Cristal en Vilanova, Os Remedios (Vilanova), Freixo (Virxe das Neves), Santa Eufemia (A Madalena), Queixas (Virxe do Carmen).
Entroido
Festa tradicional que ten na Gárgola o seu personaxe principal. A celebración esténdese ao longo de cinco fins de semana consecutivas, ademais do martes de Entroido e o xoves de Comadres.
Mercado e Feira semanal
En Celanova celébrase, todos os xoves, unha feira tradicional semanal no núcleo urbano da localidade . O punto álxido sitúase na Praza Maior da vila e na alameda onde se desenvolve tamén a elaboración e degustación do «polbo á feira».
Se o xoves cae a día festivo, a feira pasa ao mércores.
Entrimo
- Festas 25 de xullo, Santiago Apostol en Bouzadrago
- 31 de xullo e 1 e 2 de agosto, San Félix, en Galez
- 4 de agosto, San Facundo, en Pereira
- 5 de agosto, Virxe de Névelas, en Lantemil
- 6 de agosto, San Salvador, en Guxinde
- 9 e 10 de agosto, Santa María A Real, patroa do municipio, en Terrachán
- 13 de agosto, Santa María de Olelas
- 21 de agosto, Festa do emigrante en Ferreiros
- 8 de setembro, Virxe dá Sobreira, en Ferreiros
- 29 de setembro, San Miguel en Casal
- Feiras Primeiro domingo de cada mes, feira municipal
- Festa da Carne de vaca cachena e empanada.
Gomesende
San Antón de Padua | Casanova | 13 de junio |
San Pedro en Poulo | Poulo | 29 de junio |
San Lourenzo | Fustáns | 10 de agosto |
Nosa Señora da Virxe do Val | O Val | 3 de mayo |
Nosa Señora da Guía | A Guía | Mayo |
Campeonato de motocross y quads | Sobrado | Septiembre / octubre |