« Volver
Ermida de Santiago
A ermida de Santiago do Furriolo está situada na parroquia de San Martiño de Froias. No ano 1807, sendo abade do mosteiro de Celanova Francisco Félix Victorero e párroco de Santa Baia, Francisco Miguel Merino, acordouse a demolición da vella ermida e a reedificación da nova. Situada nunha paraxe de gran beleza, o seu horizonte pérdese na serra do Laboreiro, pola zona oeste e a depresión da Limia pola zona sur.