Parque Natural Baixa Limia-Xurés
A pedra granítica e a paleta de ver das 30.000 hectáreas que abarca o Parque Natural Baixa Limia- Xurés destacan nunha paisaxe que conxuga serras agrestes e suaves cunha altitude media por arriba dos 1.000 metros.
É o de maior extensión dos seis parques naturais galegos. O espazo do Xurés únese nos límites de Portugal e Galicia co Parque Nacional de Peneda- Gerês, formando unha área transfronteiriza de 267.958 hectáreas de extensión, declarado en 2009 Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês. Destaca nesta área natural a variedade da flora, con máis de 807 especies, das cales 117 son endémicas, como o lirio do Xurés. Ademais, conta cunha gran diversidade de fauna, con preto de 150 especies de aves especies singulares, como a bovina autóctona, denominada cachena.