« Volver
Muíños
Constitúen unha importante mostra da arquitectura tradicional relacionada co aproveitamento hídrico e forma parte importante do patrimonio etnográfico municipal. Os muíños foron especialmente deseñados para moer cereal. Neles, o gran é moído por un mecanismo de rotación movido por fórzaa da auga, forza que para que consiga unha maior velocidade, aproveitaban os desniveis dos terreos. A súa construción tiña unha finalidade mera mente produtiva, aínda que co tempo foise desenvolvendo ao seu lado unha cultura popular (folclore).