Campamento xuvenil “Penedos de Xacinto”
Campamento de montaña, con abundante arboleda, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 100 prazas en tendas de campaña. A instalación dispón de pista polideportiva, salón de actividades, rocódromo, anfiteatro, alpendre cuberto e enfermería. Accesibilidade Acceso sen barreiras arquitectónicas. Exteriores e zonas comúns de fácil acceso.
Situado a 70 Km de Ourense, na estrada de Entrimo-Isla Olelas. A instalación atópase a 2 Km de Entrimo, no lugar coñecido como Cabeza da Vella. 32860 Entrimo (Ourense). Teléfono 988 434 779
Actividades: actividades de teatro (dinámicas de presentación, introdución á temática teatral, dramatización, expresión corporal, talleres de formación, técnicas de circo, malabares e equilibrio), deportes acuáticos, rocódromo e tirolina, orientación con gps, tiro con arco, xogos activos, piscina, aula de natureza e excursións.