Complexo turístico – Área recreativa
O municipio conta cunha área recreativa no Parque Natural de Outeiro de Cela situado no encoro de As Conchas.
Ten unha superficie de 26 ha, con dúas praias fluviais, merendeiros, bar e outros servizos ademais de efectuarse nel unha importante repoboación, coa plantación de máis de 30.000 árbores de 60 especies diferentes.
Neste lugar temos un cámping con capacidade para 300 persoas, ademais 6 bungalós con dúas habitacións con baño, salón-comedor-cociña, totalmente equipados e con terrazas; e un albergue «O Corgo» para colectivos de 106 prazas, en dormitorios de 30, 20, 15, 10, 6 e 4 prazas, cociña con comedor panorámico sobre o encoro preparado para a práctica de diferentes actividades deportivas. Unha residencia – albergue «A Rola» para familias e grupos reducidos en habitacións de 6 prazas con baño, restaurante – cafetería con terrazas abertas e un edificio Socioxuvenil como centro xestor do Complexo.
Á beira destas instalacións unha fermosa praia fluvial aproveitando o encoro de As Conchas. Peirao con embarcadoiro flotante, hangar para embarcacións, e servizo de aluguer de embarcacións, remo, barco móbil e piraguas, barcos de axuda e socorrismo, chalecos etc.
Salas multidisciplinares cubertas, servizo de monitores de tempo libre, sendeirismo, camiñadas, deportes e tamén excursións organizadas (roteiros de sendeirismo).
Teléfonos de contacto
Xuño a Setembro … 988 406 075 Resto do ano … 988 456 403 – 639 030 034
Tamén hai que facer mención a outras dúas praias non menos importantes no mesmo encoro, Touza da Rola e Isla de Pazos.