« Volver
Virxe do Cristal
Unha das xoias do santuario da Virxe do Cristal era unha diminuta bola de cristal sen abertura algunha, cunha imaxe da Virxe en actitude orante, achada no século XVII e roubada violentamente en 2015. A súa festividade conmemórase o 15 de setembro e dende 2002 a celebración da misa na honra da Virxe fáise ó aire libre nunha capela construída para tal efecto nun terreo colindante coa igrexa.