Petroglifos de Freixo
Os petróglifos de Freixo foron descubertos en 1998 por Enrique Sousa Pérez durante un paseo polo monte. Trátase dun conxunto de seis grupos círculos concéntricos con cazoleta central. Ignorase o número na súa orixe porque a roca caeu nas mans dos canteiros e apareceu completamente mutilada con sinais de barreno. Estas manifestacións prehistóricas, que a ciencia sitúa a finais do neolítico ata ben entrada a idade de bronce, constitúen unha mensaxe na botella da historia, que os nosos antepasados quixéronnos legar. Pero fáltanos a clave para descifralo porqué e o para que destas esculturas rupestres, tan idénticas a outras de distintos continentes, a miles de quilómetros de distancia. As de Freixo, perdidas nun monte de Celanova preto do Arnoia, tan similares a outras atopadas en Arizona e o Brasil. O eterno enigma universal dos círculos e o labirinto, que tan ben recolleron os canteiros do medievo.