« Volver
Castromao
O xacemento arqueolóxico de Castromao pasa por ser un dos principais referentes da cultura dos castros do Noroeste peninsular, tanto pola súa longa presenza no tempo (polo menos desde o século V a.C. ata o século II d.C), como pola riqueza documental que saíu á luz a partir das sucesivas escavacións e investigacións que levaron a cabo ao longo do tempo algúns dos máis prestixiosos arqueólogos e historiadores da historia contemporánea galega.