« Volver
Casa de Turismo Rural A Casa da Tulla
Ademais do espazo propio da edificación, dispón dunha extensión de terreo de 1800 m2 que rodean a casa e que se dedicou a proporcionar lecer e comodidade aos hóspedes, mediante a construción de:
- Garaxe de dúas prazas, situado na parte dianteira da casa e con acceso rápido e cómodo á vivenda.
- Piscina: situada na parte traseira da casa, nun espazo aberto e asollado durante todo o día.
- Asador e cenador: situados no xardín.
- Terraza, situada na parte traseira da casa, con acceso á vivenda pola cociña, vistas ao val de Gomesende, cuberta para o sol e próxima á piscina.
- Xardín: zonas de esparexemento nos espazos libres do terreo.Nos arredores da casa a familia conta con varias leiras destinadas a actividades relacionadas co campo, nas que os hóspedes poderán participar dependendo da época do ano na que se aloxen, ou simplemente coñecelas: Plantación de cepas autóctonas: coidado das vides, vendima, elaboración do viño,… Plantación de árbores froiteiras e castiñeiros: recollida de froita, magosto, elaboración de marmeladas. Horta: coidado e recollida de hortalizas diversas. Apicultura: elaboración de mel.Enderezo:
Lg/ Gomesende
32212 Gomesende, Ourense
Teléfono.: 650 30 84 90
www.acasadatulla.es