Igrexa de San Miguel de Espiñoso
Igrexa barroca construída en 1749 e ampliada en 1780. O seu corpo aparece cuberto cunha estrutura de cemento que substitúe a antiga cubrición de madeira. A capela maior presenta unha bóveda de crucería estrelada. A fachada finalízase cunha espadana e co escudo de armas dos Zúñigas e Biedamas. A decoración vexetal e a flor de lis nas partes inferiores dos capiteis estilizados das pilastras que flanquean a porta de entrada adscriben tipológicamente esta fachada ao Mestre Serapio.
No seu interior conserva un retablo maior neoclásico así como dous retablos laterais un neogótico con relevos do século XVIII e outro do século XIX e XX.