« Volver
Capela Virxe das Portas Abertas
Trátase dunha capela de grandes dimensións: un soportal amplo diante da entrada con notable porta dobre e de tres corpos, que pecha o arco de medio punto de entrada. Longa nave e presbiterio separado por arco triunfal, en cuxo centro hai un retablo dieciochesco de estípites. Sobre a porta lateral a inscrición data a cabeceira para mediados do século XVII.