« Volver
Camiño Portugués
Entrando no concello polo alto do Vieiro, pasa o denominado Camiño Portugués, polo que transitan os peregrinos portugueses a Compostela, aproveitando a antiga calzada romana. O importante número de camiñantes fixo que a comezos do século XII o abade de Celanova e o prior dos Templarios e Veiga proxectaran a construción conxunta dun hospital para atender ós camiñantes que o precisaban.