TERRA DE CELANOVA-SERRA DO XURÉS, ESCENARIO DE RODAXE
O vindeiro 11 de decembro estréase na mundialmente coñecida plataforma de streaming Netflix “El desorden que dejas”. A serie é unha adaptación da novela do mesmo nome do celanovés Carlos Montero, que recibiu o premio Primavera de Novela 2016. A novela é un intenso thriller psicolóxico protagonizado e relatado en primeira persoa por Raquel, unha xove profesora de literatura nun baixo momento da súa vida que acepta unha substitución no instituto de Novariz, a vila da cal, casualmente, procede ao seu marido. Entre os actores e actrices de reparto atopamos a Inma Cuesta, Tamar Novas, Bárbara Lennie ou Arón Piper, actores/actrices españois/las coñecidos/as pola súa traxectoria noutras series ou longametraxes.
Read More
Comentarios recentes