Terras de Celanova Serra Xurés
Twitter Terras de Celanova - Serra do Xurés Facebook Terras de Celanova - Serra do Xurés Instagram Terras de Celanova - Serra do Xurés
  • Comezo
  • Concellos
    • A Bola
    • A Merca
    • Bande
    • Barbadás
    • Celanova
    • Cartelle
    • Entrimo
    • Gomesende
    • Lobeira
    • Lobios
    • Muíños
    • Padrenda
    • Quintela de Leirado
    • Ramirás
    • Verea
  • Descubre
    • Natureza
    • Historia
    • A auga
  • Que facer
    • Sendeirismo
    • BTT
    • Comer e durmir
  • Axenda
  • Noticias
  • Ligazóns
  • Contacto
  • GalegoGalego
    • CastellanoCastellano
    • GalegoGalego
    • EnglishEnglish

Terra de Celanova
Serra do Xurés

Destino turístico que engloba a 14 ayuntamientos que comparten tierras de Celanova, la Baixa Limia y la sierra del Xurés, en la provincia de Ourense

« Volver

AQUIS QUERQUENNIS, EXPERIENCIA ARQUEOLÓXICA

Facebooktwitterredditpinterestlinkedinmail

Na parroquia de Baños (Bande) atopamos unha das xoias arqueolóxicas de Terra de Celanova-Serra do Xurés, o complexo arqueolóxico romano Aquis Querquennis. É un dos recursos máis relevantes de toda a provincia de Ourense, declarado Ben de Interese Cultural. Nel podemos distinguir tres zonas: o campamento militar, de deseño clásico (forma rectangular e dúas rutas ortogonais principais, cubrindo unha superficie de 3 hectáreas), un dos principais da Península Ibérica e tamén coñecido como “A Cidá”, “A Cibdade” ou “A Cidade”; a mansión viaria (pousada) e as termas. Ditas termas poden ser usadas na actualidade.

Aquis Querquennis

Preto dos anos 50 (1948) a compañía hidroeléctrica Fenosa alagou o val do Limia para construír o encoro das Conchas, polo que as antigas termas caeron en desuso despois de dita construción. A mediados dos anos 70 iniciáronse as tarefas de escavación e recuperación do complexo.

A día de hoxe o xacemento está situado nunha zona de risco de inundacións, polo que non é accesible durante todo o ano, e os turistas dependen do nivel da auga para poder gozar destes restos. Nas inmediacións do complexo existe un centro de interpretación (Aquae Querquenna-Vía Nova), lugar de recepción e información sobre os recursos deste lugar. Tamén no mesmo centro pódese atopar o museo de Quarquenia (rexión da Baixa Limia), con mostras da etapa máis antiga (desde a Prehistoria á Idade Media).

Unha visita que non vos podedes perder se vos desprazades a este xeodestino, xa sexa para descubrir restos históricos, gozar da calma desta paisaxe ou darvos un baño nas termas e beneficiarvos así das propiedades das súas augas mineromedicinais.

Política de privacidade Política de cookies Contactar
© 2023 Todos los derechos reservados. Geodestino turístico. Desarrolllado por: Saldiara Consultoria
Twitter Terras de Celanova - Serra do Xurés Facebook Terras de Celanova - Serra do Xurés Instagram Terras de Celanova - Serra do Xurés